Rescatadas tres persoas tras sufrir dificultades cos seus caiacs na Illa de Arousa

Imagen del Pesca 1_Fuente: @GardacostasGal

Unha das persoas que navegaban en caiac na zona da Illa de Arousa contactou co 112 Galicia poucos minutos antes das 21:00 horas deste domingo para alertar dun incidente: dúas das súas compañeiras envorcaran e tiñan dificultades para reincorporarse á embarcación. Asegurou que, aínda que se atopaban en apuros, permanecían suxeitas aos caiac, nunha zona situada entre a illa do Areoso e a praia de Carreirón.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou de inmediato o protocolo de rescate, alertando a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local da Illa de Arousa e Protección Civil de Cambados.

Nese intre, o Servizo de Gardacostas confirmou a mobilización do helicóptero de rescate Pesca I.

Minutos despois, unha cuarta persoa que formaba parte do  grupo conseguiu chegar a terra polos seus propios medios, en bo estado. Un particular que a atopou contactou co 112 Galicia para facilitar esta información.

Finalmente, o helicóptero Pesca I rescatou dúas das persoas implicadas, que foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A terceira foi recollida por unha embarcación particular e posteriormente evacuada ao Hospital do Salnés.

Related posts

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’