Rescatadas tres personas na enseada da Illa Pancha, en Ribadeo

  • O rescate produciuse grazas a outro barco particular que se atopaba preto do grupo en apuros

Tres tripulantes dunha embarcación de recreo tiveron que ser rescatados despois de quedar varados na enseada da Illa Pancha, no concello lucense de Ribadeo.

O rescate produciuse grazas a outro barco particular que se atopaba próximo ao grupo en apuros no momento dos feitos, ao fío das 18:30 horas deste pasado xoves. Debido a que os tripulantes da embarcación encallada xa levaban un par de horas dentro da auga, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia para que os puidesen atender ao chegar ao peirao de Ribadeo.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e tamén aos membros de Protección Civil de Ribadeo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha