Rescatado de urxencia un pescador en Razo

1 minutes read

Minutos antes das 6 da tarde deste sábado un particular alertou ao 112 Emerxencias Galicia de que unha persoa estaba en apuros nunha zona da praia de Razo próxima ao porto. De contado pasouse aviso a Salvamento Marítimo, a Protección Civil e Policía Local de Carballo, Garda Civil e a unha ambulancia do 061. A lancha de salvamento da praia acercouse ao punto. Tratou ser un mergullador con dificultades para saír da auga por culpa dunha intensa ondada. Finalmente, os equipos de emerxencia desprazados ata o lugar do suceso confirmaron ao 112 que os socorristas puideron sacar o home da auga. Aínda así, debido ás lesións sufridas, era necesario prestarlle asistencia médica. Deste xeito, o equipo de rescate de Salvamento marítimo encargouse de evacuar o mergullador a bordo da súa aeronave e trasladalo ao Aeroporto de Alvedro onde, posteriormente, foi trasladado en ambulancia polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o CHUAC.

Momento do rescate do mergullador_AJCV.