Rescatado ileso un traballador que caera a un pozo en Salvaterra de Miño

AXEGA

  • O pozo mide aproximadamente uns cinco metros, e a vítima atopábase colgada por unha corda

Un traballador foi rescatado ileso este luns despois de precipitarse ao interior dun pozo no concello de Salvaterra de Miño, na provincia de Pontevedra. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia do suceso, sinalando que a vítima caera nun pozo de aproximadamente cinco metros e que se atopaba agarrada por unha corda.

No operativo interviñeron os Bombeiros do Porriño e de Ponteareas, axentes da Garda Civil e da Policía Local, e profesionais do 061, quen atenderon a un compañeiro do traballador por queimaduras nas mans ao suxeitar a corda da que este colgaba.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha