O pesqueiro Noeta Primeiro sufriu unha avería no temón a última hora deste martes e quedou á valga a seis millas do cabo Fisterra. A bordo iban catro tripulantes, que deron a alerta a Salvamento. O buque de rescate remolcounos ata o porto de Corcubión nunha manobra que tardou varias horas ao complicarse polo mal estado do mar.
Todo quedou nun susto. «Estábamos virando o aparello e quedamos sen goberno. O mar estaba moi malo e houbo que chamar a Salvamento Marítimo», explica Urbano Suárez, un dos tripulantes e patrón maior de Corcubión.