Carballo | Rescatado un ancián en Imende tras caer nunha zona de difícil acceso

Momento do rescate_Bombeiros de Carballo.

O 112 Galicia recibiu a chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cando pasaban escasos minutos do mediodía deste venres: un home permanecía tendido a uns dous metros de altura sobre unha estrutura de formigón, no lugar de Imende, na parroquia carballesa de Noicela.

Xa que o implicado quedou situado nun punto de difícil acceso, os profesionais sanitarios confirmaron a necesidade de que outros servizos de emerxencias participaran no operativo.

Entón, desde o 112 Galicia solicitouse a acción dos Bombeiros e do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo, así coma dos axentes da Garda Civil.

Os Bombeiros colaboraron co persoal sanitario para retirar e trasladar ao home ata a ambulancia, na que sería evacuado consciente ao centro hospitalario coruñés.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha