38
Os equipos de Emerxencias tiveron que mobilizarse este domingo nos cantís de Loiba, no concello de Ortigueira.
Un home que practicaba barrranquismo nos acantilados que están preto do miradoiro do banco caeu ás rochas despois de que lle rompera a corda coa que se suxeitaba. Caeu nunha zona de acceso difícil e os servizos de emerxencias de Ortigueira e do Eume que se desprazaron á zona non podían rescatalo.
Mobilizáronse embarcacións e o helicóptero Pesca 2, que finalmente conseguiu trasladalo a un centro sanitario para atendelo das súas feridas. O ferido ía consciente no momento do traslado.