35
O suceso produciuse este domingo cando o ciclista caeu no lugar de A Grixa en Brens, nun camiño de terra entre os concellos de Dumbría e Cee. Así o indicaron ao 112 Galicia os profesionais sanitarios que chamaron para solicitar medios de intervención que puidesen rescatar ao ferido, xa que caera nunha zona de difícil acceso.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informaron dos feitos aos Bombeiros de Cee e aos axentes da Garda Civil.
Unha vez no punto, os equipos de intervención puideron acceder ao ciclista e levalo ata a ambulancia onde, posteriormente, foi evacuado ao hospital.