Rescatado un home tras caer nas rochas en Porto da Cova, en Cabo Prior

1 minutes read
  • O mariscador esvarou cara o cantil despois de ir a comprobar o motivo polo que o seu turismo se atopaba inestable na zona

Este martes un home tivo que ser rescatado polos Bombeiros de Ferrol tras caer nas rochas, na zona de Porto da Cova, en Cabo Prior (Ferrol).

O accidente aconteceu sobre as 10:00 horas cando persoal de Salvamento lle comunicou ao 112 Galicia que o helicóptero “Helimer” se atopaba na busca dunha persoa que caera na costa. No lugar xa se atopaban medios sanitarios, Bombeiros e os axentes da Policía Nacional. Tamén se desprazaron ao punto axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade.

Segundo fontes do 112 Galicia, o mariscador deu volta co seu vehículo na zona indicada pero como lle quedou o turismo inestable, baixou e esvarou cara o cantil.

Finalmente, o home foi trasladado polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.