Rescatado un percebeiro en Muxía

0 minutes read

Esta mañá tivo que ser rescatado un percebeiro de Muxía que se atopaba faenando na zona da Punta da Buitra.

Ao chocar cunhas pedras, o home sufriu un golpe nunha perna e ao estar nun lugar que dificultaba as tarefas de rescate por mar, Salvamento marítimo tivo que mobilizar un helicóptero.

Tamén se mobilizaron o 061, os Bombeiros, Protección Civil e Policía Local de Muxía.