Rescatado un pescador na praia de Arnela, en Fisterra

Pesca 1.

Actualización. O home, veciño de Sardiñeiro, faleceu no hospital de Cee e, á espera da autopsia, as primeiras hipóteses apuntan a que a vítima sufriu un infarto de miocardio mentres pescaba.

Salvamento Marítimo rescatou un home que caeu á auga na tarde deste luns cando estaba a pescar nunhas rochas na praia de Arnela, en Fisterra. Unha chamada ao 112 alertou de que estaba aboiado cun golpe na cabeza. Foi trasladado en helicóptero ata o Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee. Nas tarefas de rescate tamén participaron a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e varios pesqueiros que navegaban pola zona.