Rescatado o tripulante dun veleiro que envorcou a 40 millas da Coruña

1 minutes read
  • A vítima atópase en bo estado

Efectivos de Salvamento Marítimo de Fisterra coordinaron na madrugada deste luns o rescate dun tripulante francés do triamarán Noir Desir, envorcado a 40 millas da Coruña.

O 112 Galicia recibiu o aviso preto das 1:30 horas, comunicando desde Salvamento Marítimo que a vítima fora evacuada no helicóptero Helimer 401 ata o Aeroporto de Alvedro, na Coruña. No mesmo agardábaa unha dotación de Urxencias Sanitarias-061 para sometela a unha revisión no centro hospitalario de referencia.

No operativo tamén foron requeridos voluntarios de Protección Civil da Coruña para levar ao tripulante ata un hotel, aínda que, tras atoparse en bo estado, acudiu ás instalacións polo seu propio pé.