39
O rescate tivo lugar este domingo na zona rochosa da ribeira en Monteferro, en Panxón. Varias persoas avisaban ao 112 dun home, familiar seu, que caera ao mar mentres collía percebes e que se atopaba nunha zona de difícil acceso. Ao lugar, trasladábase o Helicóptero Pesca 1, que rescataba ao varón, duns 70 anos e o trasladaba a terra. Desde alí foi levado en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.