Rescatado un veleiro en apuros na Coruña


O suceso tivo lugar este domingo na zona das Durmideiras. Un veleiro de bandeira estranxeira quedou sen máquina e tivo que ser auxiliado por unha embarcación de Salvamento Marítimo. As condicións meteorolóxicas, con fortes refachos de vento, dificultaron moito o rescate, pero finalmente puido completarse.