Rescatados 111 migrantes no Mediterráneo

Open Arms rescata a 111 migrantes este mércores no Mediterráneo, ademais recuperou os seis corpos de afogados antes da súa chegada ao lugar do naufraxio. Entre eles hai bebés e nenos. Un bebé nena de seis meses faleceu despois de ser reanimada polos médicos a bordo cando estaba a esperar ecacuación urxentemente xunto a outras persoas en estado grave. Despois de repartir chalecos e máscaras, o chan do barco cedeu deixando aos seus ocupantes flotando na auga a 70 millas da costa de Libia.

A ONG levaba buscando o barco desde o martes cando, finalmente, un avión de Frontex, a Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas, localizou a embarcación e enviou as coordenadas ao buque de rescate. Todos os rescatados, entre eles os menores, están a salvo a bordo pero hai que evacuar a seis deles de urxencia segundo explica a organización. Tan pronto como se concrete o reconto, Open Arms comunicarase coas autoridades italianas para pedir a evacuación inmediata das seis persoas que o necesitan.

Trátase do segundo rescate que a embarcación realiza nas últimas 24 horas. A noite anterior, a ONG rescatou a 88 persoas que estaban á deriva en augas internacionais. Foron atopados nunha embarcación moi danada, con gasolina derramada no interior e embarcando auga. Desde a ONG aseguran que estes días son moitos os casos que se están atopando no Mediterráneo, «onte mentres rescatabamos a 88 persoas morrían trece noutro naufraxio», explican fontes da organización.

A ONG criticou que ocorran estas emerxencias «cando se lles abandona no mar» a estas persoas que tratan de chegar a Euoropa, en alusión á ausencia de equipos de auxilio gobernamentais dos países do Mediterráneo, e pediu que se implementen de urxencia «corredores humanitarios». O barco de salvamento partiu do porto de Barcelona (nordés español) o pasado 4 de novembro con destino ao Mediterráneo central, onde nos últimos días estivo á espera de recibir algunha petición de axuda.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha