A Armada portuguesa socorreu 22 tripulantes dun buque con alarma por incendio nas Azores. O navío Ro-Ro Felicity Ace, navegaba a 170 quilómetros ao suroeste da illa de Faial e mandou aviso ao detectar lume na adega de carga. A través do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Ponta Delgada coordinouse unha operación de rescate coa Armada de Portugal e cos barcos que faenaban na contorna. Os tripulantes foron transportados ao aeroporto de Horta por un avión EH-101 da Forza Aérea portuguesa. O Felicity Ace partira do Porto de Emden en Alemaña o 10 de febreiro e contemplaba chegar Davisville, Rhode Island, Estados Unidos, na xornada do 23 de febreiro. O buque, que levaba vehículos dunha coñecida marca de alta gama, finalmente quedou á deriva tras a operación de rescate levada a cabo con éxito.
39