Varios surfistas rescatan a catro rapaces na praia de Fontela, en Barreiros

1 minutes read
  • Dous menores tiveron que ser trasladados ao Hospital da Mariña na tarde deste pasado venres

Dous menores foron trasladados ao Hospital da Mariña durante a tarde deste venres despois de verse en apuros para saír da auga na praia de Fontela, no concello lucense de Barreiros. O grupo, composto por catro rapaces, foi rescatado por surfistas preto dunha zona rochosa.

O incidente tivo lugar ás 18:00 horas e foron varias as persoas que alertaron do suceso ao 112 Galicia, que inmediatamente activou un operativo que contou coa intervención de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.