Rescatados cinco mariñeiros nunha balsa salvavidas preto de Fisterra

0 minutes read

Segundo informa Salvamento Marítimo os cinco tripulantes foron rescatados en bo estado a bordo dunha balsa salvavidas polo pesqueiro Sempre Airiños e trasladados ao porto de Fisterra preto das 6:30 horas da pasada madrugada. Pertencían ao pesqueiro Porto Freixo Dous, que se afundiu cunha vía de auga a case sete millas do cabo da Nave, en Fisterra. A Salvamar Altair, en coordinación cos controladores marítimos de Salvamento Finisterre, comprobou de seguido os restos do naufraxio, sen apreciar contaminación nin obxectos perigosos para a navegación.

Lugar do naufraxio_Salvamento Marítimo.