Rescatados dous tripulantes dunha embarcación que naufragou en Muros

Imagen de archivo de un helicóptero de Salvamento Marítimo

  • O Helimer trasladounos ao aeroporto de Alvedro para ser atendidos polo 061

Dúas persoas foron rescatadas na tarde deste xoves polo equipo de Salvamento Marítimo despois que a súa embarcación naufragase a cinco quilómetros da costa nas proximidades do Monte Louro, no concello coruñés de Muros.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os tripulantes contactaron con Salvamento Marítimo arredor das 17:00 horas para solicitar axuda tras darse conta de que o pesqueiro ía afundirse. A embarcación Salvamar Regulos foi quen recolleu ás dúas persoas, que finalmente foron evacuadas no helicóptero Helimer ata o aeroporto de Alvedro para ser atendidas polos sanitarios do 061.

No operativo de rescate tamén participaron o Servizo de Gardacostas de Galicia, os membros do GES de Muros, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha