Os catro ocupantes rescatados, aparentemente en bo estado de saúde, foron trasladados ao Hospital do Barbanza para recibir asistencia sanitaria.
O Servizo de Gardacostas de Galicia alertaba ao 112 Galicia, ao fío das 10:30 horas deste martes, da mobilización do helicóptero de rescate Pesca I a petición de Salvamento Marítimo de Fisterra. Segundo informan, unha embarcación con catro tripulantes a bordo encallara nunhas rochas, onde os mariñeiros se atopaban subidos mentras esperaban o rescate. O accidente produciuse na zona de Monte Louro.
Desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil, ao GES de Muros, á Policía Local de Muros e aos membros de Protección Civil.
Con todo, Salvamento Marítimo confirmaba ao 112 Galicia, que a embarcación quedou totalmente destrozada tras bater contra as rochas e afundirse.