Rescatados en helicóptero catro tripulantes dunha embarcación varada en Muros

Pesca 1.

Os catro ocupantes rescatados, aparentemente en bo estado de saúde, foron trasladados ao Hospital do Barbanza para recibir asistencia sanitaria.

O Servizo de Gardacostas de Galicia alertaba ao 112 Galicia, ao fío das 10:30 horas deste martes, da mobilización do helicóptero de rescate Pesca I a petición de Salvamento Marítimo de Fisterra. Segundo informan, unha embarcación con catro tripulantes a bordo encallara nunhas rochas, onde os mariñeiros se atopaban subidos mentras esperaban o rescate. O accidente produciuse na zona de Monte Louro.

Desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil, ao GES de Muros, á Policía Local de Muros e aos membros de Protección Civil.

Con todo, Salvamento Marítimo confirmaba ao 112 Galicia, que a embarcación quedou totalmente destrozada tras bater contra as rochas e afundirse.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha