Rescatados en helicóptero cinco adultos e unha menor preto de San Andrés de Teixido

1 minutes read

Un grupo de seis persoas, cinco adultos e unha menor, foron evacuados, na tarde deste xoves, polo helicóptero de rescate, Pesca-II, ao quedar illados nunha zona acantilada á altura de San Andrés de Teixido. O CIAE-112 Galicia recibiu unha chamada dun dos integrantes do grupo, que solicitaba axuda tras quedar illados despois de emprender roteiro desde a Praia de Areas Negras. Durante a comunicación, as persoas afirmaban atoparse ben pero sen posibilidade de saír do lugar polos seus propios medios. Rapidamente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil , á Policía Local. Así como aos Bombeiros de Ferrol e a Protección Civil do municipio cedeirense. Minutos despois, os operadores do 112 foron informados de que se mobilizaba, para o lugar, o helicóptero de rescate Pesca-II, que os puxo a salvo e ningún resultou ferido.