Rescatados no Mediterráneo máis de 500 migrantes en 24 horas

A ONG alemá Sea Watch 3 levaba a cabo cinco operacións de rescate de 444 migrantes que tentaban chegar a Europa desde o norte de África en varias embarcacións, todas elas abarrotadas e en mal estado. Entre os rescatados había unha muller embarazada e un home con graves queimaduras. O barco busca un porto onde desembarcar. Este domingo pola mañá, outra ONG, SOS Méditerranée, rescataba pola súa banda fronte ás costas de Libia a 87 persoas, 57 delas menores non acompañados. Ningún deles, informaba a ONG, levaba chaleco salvavidas. Pero ademais, este domingo, en cuestión de poucas horas desembarcarían en Italia máis de 1000 migrantes. 522 destas persoas, orixinariamente procedentes de Afganistán, Paquistán, Sudán, Etiopía e Somalia, tocarían terra en Lampedusa en 16 desembarcos. O último deles con 111 persoas que partiran de Zuwara, Libia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha