Rescatados oito tripulantes dun veleiro que quedou á deriva en Muxía

Veleiro á deriva_Protección Civil de Muxía.

Tal e como informou Protección Civil de Muxía, ás 18:45 horas deste mércores, dous veciños alertaban dun iate que estaba a aproximarse sen máquina cara as pedras situadas preto do Santuario da Virxe da Barca. Ata o punto desprazouse o equipo de garda e un axente da Policía Local fora de servizo, dando constancia dos feitos ao 112 Emerxencias Galicia. Coa axuda dos veciños, do vixiante da cofradía e dos efectivos de emerxencia, foron rescatados sete tripulantes do iate de fibra de máis de 10 metros de eslora.

O rescate foi complicado polo movemento brusco do veleiro contra as pedras debido a forte ondada. Levouse a cabo coa axuda de dous cabos, que sirviron de liña de vida para traelos a terra firme sen incidencias ou lesións graves, só algúns arañazos para rescatadores e rescatados/as. A bordo quedou o patrón do iate, que coa axuda dun cabo, a embarcación Salvamar Altair de Salvamento Marítimo consiguiu retiralo das pedras e remolcalo ao Porto Deportivo de Muxía, onde se avaliarán os seus danos.