Rescatados os 15 tripulantes dun barco de Burela que ardeu no Gran Sol

1 minutes read

Pouco se sabe de momento sobre as causas do lume, só que se propagou con moita rapidez. Á espera do que se recolla dos testemuños dos mariñeiros polo de agora non transcenderon datos do incendio. O Nuevo San Juan andaba á pescada en augas irlandesas. O buque ten 31 metros e medio de eslora, e o seu estado era bo. As sete da mañá deste domingo o Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra recibiu a petición de axuda do Nuevo San Juan que navegaba no Gran Sol. Alertaba dun incendio importante no barco onde estaba aínda toda a tripulación, 15 persoas en total. Á chamada de auxilio na zona acudiu o pesqueiro vigués Nuevo Confurco que en menos de dúas horas rescatou ilesos todos os mariñeiros que se botaran ao mar nas balsas salvavidas. Poñían entón rumbo entón cara ao porto irlandés de Castletownbere.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?