Rescatados os tres tripulantes dunha embarcación que afundiu na ría de Corcubión

O sinistro produciuse por un golpe de mar entre os faros de Lobeira e Cee. Segundo informa a entidade pública Salvamento Marítimo, adscrita ao Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible, a embarcación inundouse e os seus tripulantes caeron á auga. Os propios náufragos avisaron por teléfono móbil o servizo de emerxencias sobre as 9:50 horas mentres aboiaban no mar. O Centro de Salvamento Marítimo (CCS) de Fisterra activou de inmediato o protocolo de actuación. Ademais de mobilizar o helicóptero Helimer 402 e a embarcación auxiliar do buque María Pita, alertaron os barcos que se atopaban na zona para solicitar a súa colaboración. A embarcación auxiliar do María Pita logrou rescatar os tres tripulantes, dous deles con síntomas de hipotermia. Despois, trasladounos ao  porto de Cee para recibir atención médica na vila.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar