Rescatados tres bañistas na Praia de Doniños, en Ferrol

1 minutes read

O 112 Galicia activou os protocolos necesarios para a mobilización dos recursos de Salvamento Marítimo, Bombeiros de Ferrol, Protección Civil e Policía Local e Nacional. Por fortuna, os afectados sufriron apenas unhas mazaduras, das que foron atendidos no mesmo lugar polos integrantes da agrupación de voluntarios da localidade, aínda que, tamén foron informados os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar das dificultades de varios bañistas para volver á beira na Praia de Doniños. Algúns surfistas botáronse á auga coas súas táboas para axudar. De feito, conseguiron poñelos a salvo nunhas rochas en Punta Penencia ata a chegada dos equipos de emerxencias, que puideron realizar a evacuación por terra. A incidencia quedou resolta e sen danos persoais máis graves ca pequenas lesións.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?