Rescatados tres mariñeiros tras afundirse a súa embarcación en Cangas

Tres persoas foron rescatadas tras afundir un pesqueiro fronte a praia de Area Cova, no concello pontevedrés de Cangas do Morrazo. O suceso produciuse arredor das nove e media da mañá deste mércores e foi un particular o que alertou o 112.

Os tres mariñeiros sairan a bordo do Cachería Segundo e viñan do mar. Foron rescatados por unha embarcación menor dedicada a extracción da navalla. Un dos tripulantes foi trasladado ata o hospital Álvaro Cunqueiro cunha lesión importante nunha perna. 

Salvamento Marítimo desprazou ata o lugar as embaracións Irmáns García Nodal e a Salvamar Mirach. Protección Civil de Cangas, a Policía Local e a Garda Civil tamén foron alertados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha