Rescatan a doce nenos e dous monitores que quedaron á valga en Ons cando facían paddle surf

Dúas embarcacións da navieira Piratas de Nabia rescataron 12 menores e 2 monitores que facían paddle surf e caiac nunha praia das Illas Ons. O vento do norte impedíalles manexar as embarcacións e volver á praia polo que Salvamento Marítimo deu a voz de alerta. Estaban participando no campamento de verán da Xunta. Os nenos tiñan sobre 10 anos polo que o rescate foi complexo, vivíndose momentos de moita angustia e de certo pánico. Tódolos nenos e os monitores están ben, leváronos de volta á Illas Ons. O patrón que os rescatou lamenta que unha das embarcacións ás que lle solicitou axuda Salvamento Marítimo non acudira á chamada de socorro.

Related posts

Un falecido logo de sufrir un atropelo en Verea | Un home tamén perdeu a vida tras un incendio en Aranga

Falece un operario tras caer por un terraplén coa máquina cargadora que manexaba en Vilamartín de Valdeorras

Un mozo de 22 anos mata supostamente a súa nai en Vilagarcía de Arousa e precipítase desde un terceiro piso