45
A embarcación quedou case totalmente somerxida, os seus catro tripulantes foron rescatados por outro mariñeiro, que cando regresaba a terra apreciou algo estraño no mar.
El só, conseguiu subir a bordo os catro tripulantes, unha tarefa que -asegura- foi complicada, xa que estaban sen folgos e con importantes síntomas de hipotermia. Salvamar levounos ata porto e de aí os dous máis graves foron trasladados ao hospital do Barbanza.