Rescatan a un home atrapado nun pozo de formigón en Baiona

Faro de Cabo Silleiro_Turismo de Galicia

  • A vítima, que resultou ilesa, estaba no interior dun pozo de 4 metros de profundidade

Os equipos de intervención e rescate liberaron este venres a un home que quedou atrapado no interior dun pozo de formigón duns 4 metros de profundidade en Baiona, concretamente nunha zona de monte próxima a Cabo Silleiro. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos sobre as 17:45 horas grazas á Protección Civil de Val Miñor.

Os efectivos do GES da propia comarca empregaron unha escada para sacar ao home do tubo e, afortunadamente, a vítima resultou ilesa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha