Rescatan a un veciño de Cee tras caer co seu turismo por un terraplén

Bombeiros de Cee.

Un home resultou ferido ao caer o coche que conducía por un desnivel duns cinco metros na estrada que une Cee con Muros, na ponte de Brens. Tras a alerta pasada polo 112, foi necesaria a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos membros de Protección Civil, o turismo rematou nunha leira e foi necesario que os Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e salvamento da Coruña, con base en Cee, auxiliasen ao ferido para saír do vehículo e evacualo ata a ambulancia nunha padiola. Posteriormente, o ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Coche accidentado_Bombeiros de Cee.