Rescatan a unha persoa tras quedar atrapada nun ascensor dunha vivenda de Carballo

Os bombeiros do parque provincial de Carballo rescataron na tarde deste domingo a unha persoa que quedara atrapada no ascensor dunha vivenda da rúa Vázquez de Parga, no núcleo urbano de Carballo.

O 112 deu o aviso ás 19:03 horas. O ascensor quedara parado entre a planta -1 e planta baixa, polo que os bombeiros procederon a rearmar o sistema eléctrico desde o cuarto de máquinas, motivo polo que o ascensor volveu a funcionar correctamente.

A persoa que quedara atrapada dentro atopábase tranquila e en bo estado.

Related posts

A piscina municipal da Laracha permanecerá pechada por obras este venres 24 de abril

A Deputación da Coruña apoia o traballo de Senda Nova e de Mar de Fábula, entre outras 20 asociacións medioambientais

O alcalde da Laracha participou no Senado no Acto do sétimo aniversario da Manifestación da España Vaciada