O equipo de rescate marroquí sacou ao pequeno Raian, de cinco anos, do fondo do pozo no que levaba cinco días. O neno foi sacado urxentemente do buraco perforado e ingresado nunha ambulancia que agardaba no lugar no medio dun gran despregamento de seguridade, pero non se puido facer nada por salvarlle a vida. Os efectivos de rescate lograron chegar ata o fondo do pozo de 32 metros onde se atopaba Raian despois de escavar esta profundidade seguindo unha técnica de perforación vertical e despois horizontal. O portavoz do comité de vixilancia e seguimento do rescate explicou que o máis complicado foi perforar o último tramo do túnel horizontal, onde as operacións se fixeron a man e con gran prudencia para evitar derrubes internos. O rei Mohamed VI tivo unha conversación telefónica cos pais de Raian para darlles o pésame, o monarca agradeceu os esforzos das autoridades e forzas públicas, a sociedade civil e a «forte» e «ampla» solidariedade expresada aos familiares do pequeno.