Rescatan ileso a un kitesurfista en apuros nun areal de Arteixo

1 minutes read

Un operativo de rescate posto en marcha polo 112 Galicia e coordinado, en todo momento, por Salvamento Marítimo serviu para auxiliar a un kitesurfista que se atopaba en apuros moi preto da Praia de Sabón, no Concello coruñés de Arteixo.

Todo comezou cando un particular alertaba do suceso na tarde deste sábado, indicaba que un surfista, preto do dique, era arrastrado pola corrente e pedía axuda.

A partir de aí, foi cando os xestores do 112 puxeron en alerta ao persoal de Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Helimer e a embarcación Salvamar Betelgeuse. Do mesmo xeito, informaron dos feitos ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos servidos sanitarios  e aos axentes da Garda Civil, por se fose necesaria a súa intervención. Por terra, formaron parte do dispositivo a Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o kitesurfista foi rescatado ileso polo helicóptero Helimer e evacuado ata o Aeroporto de Alvedro, na Coruña.