Rescatan o corpo dunha muller no interior dun pozo en Amoeiro

1 minutes read

Os Bombeiros rescataron este venres o corpo dunha muller do interior dun pozo situado na Praza do pobo, coñecida como Paraxe das Hortas, no concello de Amoeiro (Ourense). Aínda que se trata de esclarecer as causas do fatídico suceso, barállase a posibilidade de que, a muller, caera no interior do pozo cando trataba de recoller auga nun caldeiro.

Axentes da Garda Civil, alertaban ao 112 Galicia do achado. Indicaban que unha patrulla e os efectivos de Protección Civil da localidade se atopaban no punto pero que eran necesarios medios para facer o rescate.

Foi a partir de aí, cando os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Carballiño e dos servizos sanitarios do 061, que se desprazaron ao lugar nada mais recibir a chamada de alerta.