Rescatan o corpo sen vida dun home no Río Louro, no Porriño

Emergencias 112
  • Os axentes da Policía Local deron a alerta ao 112 sobre as 9:15 horas

Os servizos de emerxencias recuperaron ás once horas deste mércores o corpo sen vida dunha persoa que apareceu flotando no Río Louro, no Porriño.

Foron os axentes da Policía Local quen, ás 09:15 horas, informaban ao 112 Galicia da presenza dun corpo, posiblemente sen vida, aboiando nun punto pouco profundo deste entorno fluvial.

Decontado, púxose en marcha un operativo formado polos axentes da Garda Civil, polos Bombeiros do Baixo Miño e voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, avisouse do sucedido aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por se fose necesaria a súa intervención.

Finalmente, ás once da mañá os equipos de emerxencias confirmaron ao 112 Galicia a retirada do corpo dun home dese lugar. Asimesmo, as forzas da orde tratan de esclarecemento o suceso.