16
A muller, de 54 anos de idade e natural de Alvarellos en Dumbría, desaparecera na noite do venres para o sábado, e as forzas de seguridade levaban toda a fin de semana na súa procura, aparcara o seu coche na tarde do pasado venres na Ponte Olveira, en Mazaricos, pero deixaba as chaves postas no contacto e perdíaselle a pista. Na mañá deste luns foi atopada falecida, a carón do río Xallas,1 km augas abaixo da Ponte Olveira, xa en territorio do Concello de Dumbría. A Autoridade Xudicial procedeu ao levantamento do cadáver para facerlle a autopsia. A Garda Civil investiga o suceso.