Este mércores o corpo sen vida dunha muller foi localizado en augas do Río Sil, ao seu paso por Petín.
Segundo fontes da Garda Civil, o corpo foi avistado ás 09:30 horas deste mércores á altura da Ponte Romana da Cigarrosa.
Efectivos do corpo de Bombeiros de Valdeorras accederon mediante unha embarcación ata a vítima, para poder identificala. Polo momento descoñécense as causas do falecemento.
MÁIS INCIDENTES
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico en Cuntis
Dúas persoas necesitaron asistencia médica despois de colidiren dous turismos e un autobús na N-640, ao paso pola localidade pontevedresa de Cuntis.
Unha das vítimas foi evacuada en ambulancia mentres que a outra persoa decidiu acudir a un centro médico polo seu propio pé.
A circulación foi interrompida mentres duraron as labores de asistencia aos feridos e retirada dos vehículos sinistrados.