Rescatan o corpo sen vida dunha persoa nas proximidades das Illas Cíes

1 minutes read
  • O corpo podería ser o do mariñeiro desaparecido no mes de febreiro despois de afundirse a súa embarcación preto das Cíes

O helicóptero Pesca I de Gardacostas de Galicia recuperou este martes o corpo sen vida dunha persoa nas Illas Cíes, concretamente no lugar de Freu da Porta. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a aeronave trasladou o cadáver ata unha patrulleira da Garda Civil para posteriormente levalo ata o porto de Vigo.

O cadáver podería corresponder ao mariñeiro desaparecido o pasado 24 de febreiro despois de que se afundira a súa embarcación, pero non hai nada confirmado.

O 112 Galicia tivo coñecemento da localización do corpo ao fío das 11:30 horas, a través de Salvamento Marítimo. A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Nacional e Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo.