Rescatan un can en Coristanco que se precipitou por un buraco de oito metros

Bombeiros de Carballo_Cedida.

Os bombeiros de Carballo rescataron este domingo un can que se precipitou por un buraco duns oito metros de profundidade. Sucedeu no lugar de Vilar de Couso, en Coristanco, un veciño escoitou os ladridos procedentes do fondo dun buraco, pero non era capaz ver o animal desde a superficie. Para poder rescatar o can dous bombeiros baixaron facendo rápel. Unha vez localizado o animal no fondo do buraco e despois de comprobar que non tiña danos aparentes foi colocado dentro dunha saca para o seu posterior izado. Acto seguido entregárono aos seus propietarios, quenes sinalaron que levaban dous meses sen saber nada do animal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha