8
O grupo de sendeiristas facía unha ruta polo monte Pindo, no concello de Carnota, cando os sorprendeu a noite. Topábanse preto da cova da Casa da Xoana e non tiñan medios para continuar na escuridade. Eran as 21:45 horas e decidiron chamar a Emerxencias. Segundo informa o 112, activouse un operativo de busca no que participaron axentes da Garda Civil, da Policía local de Carnota e membros do GES de Muros. O acceso á zona era complicado e había que percorrer a pé unha distancia importante para chegar ata o grupo. Malia e todo, sobre as tres da mañá, lograron localizalos en bo estado.