Rescatan un grupo de persoas aos que lles sorprendeu a noite nunha ruta de sendeirismo en Carnota

O grupo de sendeiristas facía unha ruta polo monte Pindo, no concello de Carnota, cando os sorprendeu a noite. Topábanse preto da cova da Casa da Xoana e non tiñan medios para continuar na escuridade. Eran as 21:45 horas e decidiron chamar a Emerxencias. Segundo informa o 112, activouse un operativo de busca no que participaron axentes da Garda Civil, da Policía local de Carnota e membros do GES de Muros.  O acceso á zona era complicado e había que percorrer a pé unha distancia importante para chegar ata o grupo. Malia e todo, sobre as tres da mañá, lograron localizalos en bo estado.

Related posts

Arquitectura, microtoponimia e augas termais; na segunda edición das xornadas ‘Carballo na Memoria’

Rematado o mural homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dentro do proxecto Vimianzo M.O.L.A

O Concello de Zas ten aberto o proceso de contratación de catro grandes obras que suman máis de 554.000 euros