21
Dous veciños rescataron con vida unha muller que caeu ao río Verdugo co seu coche. O primeiro rescatador, Carlos Soutelo, tirouse á auga cando a muller estaba dentro do vehículo. El só foi quen de abrir unha porta traseira do coche cando a vítima xa tiña a auga ao pescozo. Mesmo conseguiu sacala fóra do coche. Un compañeiro del, Jose Ángel Soares, tamén se tirara ao río. E entre os dous, conseguiron sacar a muller da auga. O accidente debeuse a un despiste, ao aparcar á beira do río e non calcular ben as distancias. A muller está en bo estado.