Rescatan unha muller que caeu nunha tumba aberta no cemiterio de Castrelo de Miño

1 minutes read

Unha muller foi rescatada na mañá deste domingo tras caer nunha tumba aberta, duns cinco metros de profundidade, no cemiterio da localidade ourensá de Santa María, en Castrelo de Miño.

O 112 informa que recibiron a chamada dun particular que indicaba que era necesaria a intervención de equipos de emerxencia que puidesen achegarse até a ferida, que estaba consciente e orientada. 

Así, a central de emerxencias solicitou a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño e dos efectivos do GES de Ribadavia.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención usaron unha padiola e rescataron a muller, que recibiu atención médica por parte do persoal sanitario. Tiña fortes dores nas costas.

O operativo foi completado polos axentes da Garda Civil e desde o 112 avisaron os membros de Protección Civil da localidade, por se fose necesaria a súa colaboración.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?