Reserva de 400.000 euros para licitar as obras da depuradora de Ber, en Pontedeume


Os Orzamentos da Xunta para 2021 reservan unha partida de 400.000 euros para a licitación das obras da depuradora de Ber, en Pontedeume, coa fin de completar a mellora do sistema de saneamento da ría.

Ademais da partida necesaria para licitar a depuradora de Ber, os Orzamentos da Xunta do vindeiro ano tamén recollen preto de 6,3 millóns de euros para as actuacións de mellora do sistema de depuración en Cabanas e Pontedeume e case 1 M€ máis para culminar as obras de saneamento na Malata, en Ferrol, avanzando no saneamento integral das rías.

Así o avanzou a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, que supervisou a posta en funcionamento da modernización da potabilizadora, acometida pola Xunta no marco da emerxencia declarada sobre a situación do río Eume e o abastecemento do municipio.