Resolto o concurso de disfraces da Laracha con máis de 2.000 euros en premios

2 minutes read
  • O certame realizouse a través do Facebook municipal pero tamén houbo un xurado especial

Pasado o día pasada a romería, pero na Laracha aguantaron do Entroido ata este mércores, xornada na que deron por finalizado o concurso de disfraces virtuais que puxera en marcha o Concello para todas as persoas empadroadas na localidade. En total repartíronse 2.450 euros en premios.

O certame realizouse a través da páxina de Facebook do Concello da Laracha rexistrándose máis de 5.500 votos entre todos os participantes. Ademais, na outra modalidade do concurso, o xurado valorou aspectos como a creatividade, orixinalidade, posta en escena e elaboración artesanal. Nos próximos días o Concello porase en contacto cos premiados.

CATEGORÍA/ MODALIDADEPREMIADOS FACEBOOKPREMIADOS XURADO
INDIVIDUAL INFANTIL1. Carmucha 277 gústames / 60 euros. 2. Ourizo de Caión 201 gústames / 50 euros. 3. Peliqueiro de Caión 148 gústames / 40 euros.  1. Ourizo de Caión 60 euros. 2. Tachi 50 euros. 3. Carmucha 40 euros.  
INDIVIDUAL ADULTO1. Bella y Bestia 372 gústames / 60 euros. 2. A raíña de cartón 306 gústames / 50 euros. 3. A vella americana 70 gústames / 40 euros.  1. A raíña de cartón 60 euros. 2. Bella y Bestia 50 euros. 3. A vella americana 40 euros.  
PARELLAS1. Os Grease galegos 475 gústames / 75 euros. 2. Frozen e Olaf 377 gústames / 60 euros. 3. Cruela saca o can 369 gústames / 50 euros.  1. Non ós caixeiros, si ás persoas 75 euros. 2. Cruela saca o can 60 euros. 3. Os Grease galegos 50 euros.  
GRUPOS1. Locas Mías 282 gústames / 150 euros. 2. Súper Familia 175 gústames / 100 euros. 3. O granxeiro 154 gústames / 75 euros.  1. Locas Mías 150 euros. 2. Os Chorlequíns 100 euros. 3. Equipo Alpine 75 euros.  
COMPARSAS1. Familia Picapiedra 367 gústames / 250 euros. 2. Vilaño, comuniones todo el año 187 gústames / 150 euros.  1. Familia Picapiedra 250 euros. 2. Vilaño, comuniones todo el año 150 euros.  
Relación de gañadores no concurso de Entroido 2022. Elaboración: Concello da Laracha

Concurso disfraces A Laracha