Atendendo ao ditame do xurado que resolveu o concurso, acordouse que a mellor idea que servirá de base ao proxecto técnico, básico e de execución da obra foi a presentada polo arquitecto vigués Alfonso Carlos Penela.
No concurso, detrás da proposta de Penela, resultaron seleccionadas as ideas presentadas pola UTE formada por Díaz y Díaz Arquitectos, Rubén Aldaba Vizcay e Luis Orbaiceta de Navascués, así como as de Ignacio Senra Fernández Miranda. Establecéronse, ademais, tres accésits que recaeron, por esta orde, en Besada y Failde BMJ Arquitectos; Arrokabe Arquitectos, SLP e Creus e Carrasco Arquitectos, SLP.
A proposta gañadora recibirá un premio de 15.000 euros. Os segundos e terceiros, así como os tres accésits, repartiranse unha contía de 40.000 euros. Ademais do premio, o gañador encargarase de redactar o proxecto definitivo e a dirección de obra, cun investimento máximo previsto de 268.400 euros polos seus honorarios.
35