Resolto o concurso infantil #ZasQuedaNaCasa

Foto.- Concello de Zas.

Unha vez rematado o prazo de votacións, xa hai gañadora do Concurso Infantil #ZasQuedaNaCasa convocado polo Concello de Zas a través das Bibliotecas Municipias. Fabiola Gundín Rego foi a concursante que obtivo un maior número de gústames, un total de 510, no seu debuxo. O premio, que consiste nun lote de libros en galgo, entregarase nos vindeiros días.

No concurso participaron doce nenos e nenas do municipio. Todos os traballos poden verse no álbum de fotos #ZasQuedaNaCasa publicado na páxina oficinal do Concello de Zas.

Este foi un certame que se puxo en marcha o pasado mes de mazo co obxectivo de que os máis novos da casa pasaran estes días de confinamento o máis entretidos posible e para animar as fiestras con debuxos positivos e cheos de cor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha