Respaldo do PSdeG ao proxecto federal socialista encabezado por Pedro Sánchez

Cedida.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu este sábado ao Congreso Federal do PSOE de Valencia e, dende alí, trasladou todo o apoio dos e das socialistas galegas ao proxecto socialista federal encabezado por Pedro Sánchez e ao goberno de España.

Caballero reivindicou ao Partido Socialista como “a garantía para a xente” ante os riscos de desigualdades. Así, incidiu, “as e os socialistas sempre loitamos e loitaremos pola defensa dos dereitos das persoas” co obxectivo de que “ninguén quede atrás”.

Por último, subliñou a importancia de “loitar pola igualdade de oportunidades e a xustiza social” cando nos atopamos cun “gran risco de exclusión social” derivado da crise da covid.